Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Celébrase a Noite das Persoas Investigadoras
Faise de maneira simultánea en máis de 350 cidades europeas, incluída unha representación galega
                            G24.gal
                        
                            27/09/2024 14:16
                        
                        
                        
                        
                    
                    A ciencia sae do laboratorio e, con actividades divulgativas como as que se celebran na Coruña, busca espertar a imaxinación de grandes e pequenos. Neste caso son alumnos de bacharelato que están a piques de decidir cal vai ser o seu futuro universitario.
Espertar vocacións científicas é un dos obxectivos desta xornada que de forma simultánea se celebra cada ano o último venres do mes de setembro en máis de 350 cidades europeas.