Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Os maiores da residencia da Nosa Señora da Esperanza de Ourense celebran o Samaín
Os residentes disfrazáronse de Cazafantasmas e bailaron ao ritmo da banda sonora da película
                            G24.gal
                        
                            31/10/2024 14:32
                        
                        
                        
                        
                    
                    Na residencia da Nosa Señora da Esperanza de Ourense comezaron a celebrar o Samaín despois da covid. Primeiro, cun concurso de cabazas, e dende hai un par de anos, cunha auténtica festa na que non pode faltar o baile.
Desta volta a temática foi a de Cazafantasmas. Os residentes levan meses traballando na decoración, nos disfraces e tamén na coreografía. Un día para romper coas rutinas e compartir sorrisos. A vindeira celebración será a do magosto.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        