Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Samaín transforma Boeiros nunha aldea maldita

O Samaín transforma Boeiros nunha aldea maldita

Toda a veciñanza desta localidade do Pereiro de Aguiar involúcrase na representación

Decoran rúas e vivendas para aterrorizar os visitantes

 

G24.gal 02/11/2025 10:20 Última actualización 02/11/2025 11:35

"Benvidos a Boeiros, a miña aldea. Eu son Leonides, a meiga do lugar".

As meigas fan de guías nesta pasaxe do terror que transforma a pacífica aldea de Boeiros nunha aldea maldita. Os veciños son os artífices desta arrepiante posta en escena que transforma as rúas, as airas e ata as propias vivendas e os seus habitantes. 

"Estou facendo un caldo, pero a meigas leváronnos todo e agora temos que facer o caldo sen unto nin nada", explica unha das participantes.

Aquí non hai especialistas. Desde o guión ata a escenografía son obra das veciñas que se ocupan, tamén, da maquillaxe e caracterización dos personaxes.

"Miramos titoriais de youtube e copiamos o que vemos. Con tempo e paciencia, nada máis", cóntanos unha meiga.

Ata os cativos se volven malditos nesta aldea enfeitizada.

"Empeza a soar a música e poñémonos malditos, facendo cousas moi raras", comentan varios nenos.

A trama xira ao redor dun libro, que os participantes deben atopar.

"Teñen que resolver un enigma coas pistas que lles imos dando", explica Elena, unha das organizadoras.

E así, ata chegar ao final intentando non perder a calma, por difícil que resulte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade