Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro presidentes autonómicos comparten na Toxa ideas sobre demografía e fiscalidade

Catro presidentes autonómicos comparten na Toxa ideas sobre demografía e fiscalidade

Coinciden en que captar investimentos axuda a combater a despoboación, pero non comparten a fórmula para conseguilo

G24.gal 30/09/2022 20:57 Última actualización 01/10/2022 09:06

Os presidentes de Galicia, Alfonso Rueda; Navarra, María Chivite; Valencia, Ximo Puig; e Andalucía, Juan Manuel Moreno debateron na segunda xornada do foro da Toxa sobre demografía e cohesión territorial, un encontro no que compartiron ideas sobre como dende as administracións se pode e se debe impulsar a natalidade.

"Creo que hai tres cousas fundamentais: emprego, vivenda e conciliación", argumentou María Chivite. 

Coincidiron os catro, dous populares (Galicia e Andalucía) e dous socialistas (Navarra e Valencia) en que captar investimentos axuda a combater contra a despoboación, pero non na fórmula, e aí coouse o debate sobre impostos.

"Somos unha comunidade que algunha vez tacharon de inferno fiscal, agora menos, e somos segunda que máis empresas con saldo positivo que veñen doutras comunidades autónomas", argumentou Puig.

O presidente andaluz defende medidas como a do seu Goberno de bonificar ao 100 % do imposto de patrimonio para incentivar que os estranxeiros fixen o seu domicilio fiscal en Andalucía.

"Que é unha fiscalidade amable? É a que permite competir con outros territorios. E iso incide na poboación realmente? Pois eu cos datos na man respondo que si", defendeu Moreno Bonilla.

O presidente da Xunta reivindicou que Galicia é comunidade pioneira en medidas demográficas e contra o despoboamento, e puxo exemplos como a gratuidade das garderías ou os impostos cero no rural.

"En Galicia xa se é familia numerosa con dous fillos a efectos fiscais e dende setembro a educación infantil é absolutamente gratuíta. Imos conseguir so por iso que nazan máis nenos en Galicia? Non, pero evidentemente é un estímulo", dixo Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade