Publicador de contidos

Publicador de contidos

Foro La Toja: Cuerpo reinvindica o potencial da migración como factor de crecemento para España

Foro La Toja: Cuerpo reinvindica o potencial da migración como factor de crecemento para España

Na súa intervención, o ministro destacou a "confianza" na economía fronte á "sensación xeralizada de pesimismo"

G24.gal 03/10/2025 20:37

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, fala dun "optimismo realista". Afirma que as perspectivas de crecemento de España son boas, pero admite que hai retos ineludibles.

"O máis importante que temos por diante é o de garantir o acceso á vivenda para os mozos e para as familias", di.

Durante a súa intervención no Foro La Toja, Cuerpo reinvindicou a migración como un dos potenciais de España.

"Temos que aproveitar e maximizar o efecto positivo dese factor de crecemento e sostibilidade que temos que é a migración. Debemos reforzar a integración dos migrantes", asegurou.

Sobre Europa, di que é o seu momento. O de afianzar o seu lugar na nova orde mundial marcada polos Estados Unidos e pola China.

"Sempre se di que os europeos somos herbívoros nun mundo carnívoros. E o que temos que facer é ser omnívoros. Temos uns valores que hai que manter, pero non podemos pecar de naif neste momento", dixo. 

Para iso, opina Carlos Cuerpo, a Unión Europea debe reducir a dependencia en materia enerxética e de defensa e abrir unhas novas redes comerciais, co ollo posto no Mercosur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade