Publicador de contidos

Publicador de contidos

Garry Kaspárov aconsella plantarlle cara a Putin polo ben de Europa

Garry Kaspárov aconsella plantarlle cara a Putin polo ben de Europa

O mestre de xadrez, escritor e político foi o encargado da clausura do Foro da Toxa

G24.gal 04/10/2025 14:46 Última actualización 04/10/2025 15:23

Garry Kaspárov,  xenio do xadrez e presidente de Renew Democracy Initiative, grupo non partidista que pretende "desenmascarar" aos ditadores, dixo este sábado na Toxa que Europa está en "un mundo de ilusión", pero debe saber que o seu futuro "se xoga en Ucraína"

Kaspàrov, recoñecido opositor a Vladimir Putin, sinalou que a invasión rusa de Ucraína "aínda non terminou" e non vai facelo, na súa opinión, "mentres Putin estea no poder" e teña recursos". 

"Esta guerra non vai finalizar en Ucraína, porque é contra a UE, contra a OTAN e contra os Estados Unidos", engadiu Kaspárov. 

 

 Kaspárov advertiu de que Europa está en situación de guerra e asegurou que se antes de fin de ano non lle planta cara ao líder ruso veremos a súa provocación sobre o terreo.

"O futuro do mundo e o futuro de Europa non se decide en Israel, en Gaza ou nos Altos do Golán, decídese en Ucraína. O resultado de todo o que ocorra desde Taiwán a Venezuela decidirase nas chairas de Ucraína. A menos que Ucraína sobreviva e gañe a guerra, vaise expandir", asegurou Garry Kasparov.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade