Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia e Corea do Norte inauguran unha ponte que as une por primeira vez por estrada

Rusia e Corea do Norte inauguran unha ponte que as une por primeira vez por estrada

A ponte, que ten pouco máis dun quilómetro de longo -424 metros no lado ruso e 581 no norcoreano-, foi construída sobre o río Tumannaya, na rexión rusa de Primorie

"As relacións entre Rusia e Corea do Norte atópanse hoxe a un alto nivel de asociación estratéxica sen precedentes", dixo o primeiro ministros ruso

G24.gal 07/09/2026 11:07 Última actualización 07/09/2026 11:19

Rusia e Corea do Norte, países que comparten apenas 20 quilómetros de fronteira, inauguraron este luns unha ponte que as une por primeira vez por estrada.

O primeiro ministro ruso Mikhail Mishustin, quen asistiu á cerimonia por videoconferencia, non dubidou en cualificar de histórico o evento, que relacionou coa necesidade de incrementar o potencial loxístico e de transporte do Afastado Oriente ruso.

A ponte, que ten pouco máis dun quilómetro de longo -424 metros no lado ruso e 581 no norcoreano-, foi construída sobre o río Tumannaya, na rexión rusa de Primorie, cuxa capital é a cidade de Vladivostok.

Mishustin destacou que ata 300 automóbiles diarios poderán cruzar o paso fronteirizo no marco dunha obra que comezou en abril do pasado ano tras recibir en 2024 o visto e prace de ambos os líderes, o ruso Vladimir Putin e o norcoreano Kim Jong-un.

"As relacións entre Rusia e Corea do Norte atópanse hoxe a un alto nivel de asociación estratéxica sen precedentes. Os nosos países cooperan activamente practicamente en todos os ámbitos e tamén coordinan os seus esforzos para garantir a seguridade e estabilidade rexional", destacou.

A ponte recibiu o nome de Yakov Novichenko, oficial do Exército Vermello que en 1946 salvou a vida do fundador da República Democrática Popular de Corea, Kim Il-sung, durante un atentado cunha granada.

Ata o de agora entre ambos os países unicamente existía comunicación terrestre por vía férrea, a través da famosa Ponte da Amizade, polo que ambas as partes cren que a estrada permitirá incrementar os intercambios comerciais e o turismo.

A mediados de xullo, Putin recibiu, por segunda vez en menos dun ano, a ministra de Exteriores de Corea do Norte, Choe Son-hui. Entón, Putin agradeceu unha vez máis a asistencia militar norcoreana na campaña militar rusa en Ucraína, algo que -dixo- Rusia nunca esquecerá.

Putin viaxou a mediados de 2024 a Pyongyang por primeira vez en 25 anos parar asinar un acordo que incluía unha cláusula de defensa mutua en caso de agresión.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade