Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro mil galegos en risco de exclusión recibirán regalos solidarios

Catro mil galegos en risco de exclusión recibirán regalos solidarios

A ONG Elfos e calcetíns facilita que os máis necesitados teñan agasallos polo Nadal

G24.gal 16/12/2021 20:40

É tempo de Nadal e ninguén pode quedar sen o seu agasallo. Diso encárgase a ONG Elfos e calcetíns, creada en Vigo en 2012 e que, hoxe en día, xa se estende polas catro provincias. Habilitan puntos de recollida en establecementos comerciais, os puntos Elfo, onde os axudantes de Papá Noel e dos Reis Magos deixan os seus agasallos para os denominados calcetíns: nenos e adultos en risco de exclusión social.

"Hai nenos que viven en familias con mal nivel socioeconómico, que viven en centros de acollida, de menores...", explica Chus Salgueiros, coordinadora da campaña en Ourense.

Dos agasallos ocúpanse os elfos, como Paula: "Os elfos son persoas anónimas: podes ser ti, eu, o veciño do quinto... calquera que, cando se abre o rexistro, mete os seus datos e solicita ser calcetín".

Agasallos

Os elfos reciben as cartas dos calcetíns, a través institucións que os asisten. Respéctase o seu anonimato, usando códigos, e tamén hai normas para os regalos, que deben roldar os 35 euros.

"Non un que estea usado por outra persoa ou que me apeteza a min mercar, senón algo que precisen, que é o que pide a maioría, ou que lle faga ilusión", destaca Paula.

En Ourense beneficiaranse desta iniciativa solidaria arredor de 400 persoas, preto de 4.000 en toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade