Publicador de contidos

Publicador de contidos

Castrelo de Miño segue a abastecerse de auga con cisternas

Castrelo de Miño segue a abastecerse de auga con cisternas

Levan con problemas de auga desde xullo

Baixou o consumo pero a seca persiste e os mananciais non dan recuperado os niveis necesarios para garantir o abastecemento á poboación

G24.gal 04/10/2022 14:00

Os problemas de auga no concello ourensán de Castrelo de Miño comezaron xa no verán. A falta de precipitacións fixo que os depósitos que se abastecen de mananciais quedaran en niveis mínimos polo que tiveron que contratar unha empresa especializada que lle subministrara auga potable en cisternas. Un problema que persiste en pleno mes de outubro e que fixo que o custo do servizo para o concello incrementara nuns 6.000 euros.

Dende o consistorio sosteñen que é urxente a posta en funcionamento dunha nova captación dende o Miño que permita solucionar de xeito definitivo o problema de abastecemento de auga  e tamén solucionar os niveis de arsénico que neste intre se están a controlar coa instalación duns filtros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade