Casimiro: "Será difícil, Andorra é un equipo coas luces de alarma acendidas"
O conxunto de Joan Plaza leva 4 vitorias e 11 derrotas, só un triunfo máis que o San Pablo Burgos
O Río Breogán tratará de profundar este sábado na ferida aberta dun MoraBanc Andorra que acumula cinco derrotas na liga Endesa. O conxunto do Principado, que no preámbulo da presente campaña partía con ambicións maiores, está a loitar por fuxir da queima do descenso; de feito, é décimo sexto na clasificación, cun balance de 4 vitorias e 11 derrotas, só un triunfo máis que o San Pablo Burgos.
Casimiro: "Está claro que non será doado, hai diante un equipo coas luces de alarma acendidas".
O MoraBanc é o penúltimo equipo en eficiencia defensiva da competición, con 117,3 puntos encaixados por cada 100 posesións. Para o Río Breogán o Morabanc Andorra é un rival fetiche. Xa son seis os triunfos consecutivos que enlaza o equipo lucense fronte ao conxunto do Principado.