Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 69.000 opositores participarán nos procesos para cubrir 1.548 prazas da Xunta

Case 69.000 opositores participarán nos procesos para cubrir 1.548 prazas da Xunta

Trátase do maior proceso selectivo feito pola Administración autonómica na súa historia

1.474 prazas son de acceso libre e 662 de estabilización

Opositores no curso dunha convocatoria en Silleda
G24.gal 04/05/2023 18:35 Última actualización 04/05/2023 22:05

Case 69.000 aspirantes participarán nos procesos selectivos para as 1.548 prazas da administración autonómica, nun total de 92 probas que se realizarán de xuño deste ano a febreiro do próximo.

Trátase do "maior número de procesos xamais feitos pola Xunta", segundo destacou o presidente galego Alfonso Rueda na súa comparecencia tras a reunión semanal do Goberno galego, en que explicou que a maioría das prazas convocadas, 1.474, son de acceso libre, das cales 662 son de estabilización.

Outras 74 son de promoción interna, polo que só se poden presentar persoas que xa están a traballar na Xunta. Os procesos con máis aspirantes, un total de 25, celebraranse no recinto feiral de Silleda, mentres que os outros 67 terán lugar na sede da escola de funcionarios EGAP da capital galega ou na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Bono Activa Comercio

O Consello de la Xunta tamén acordou a terceira edición do Bono Activa Comercio cunha dotación de 2,5 millóns de euros para mobilizar un total de 8,5 millóns en vendas e incentivar a demanda e atraer nova clientela ao comercio de proximidade, e tamén reducir o impacto da inflación nas familias.

Os bonos desconto de 30 euros para compras nos comercios que estean adheridos a este programa estarán dispoñibles para a súa descarga do 15 de maio ao 15 de setembro.

Por outra banda, o Goberno galego autorizou este xoves unha nova convocatoria de accións formativas para persoas desempregadas dirixida a entidades ou centros acreditados, cun orzamento de 70 millóns de euros para o período 2023-2024, e o inicio da tramitación do anteproxecto de lei de ciencia e innovación de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade