Case toda España en alerta por altas temperaturas que no sur superarán os 40 graos
Nalgunhas zonas de Andalucía os termómetros chegaran aos 43 graos
A primeira vaga de calor deste ano está deixando temperaturas excepcionalmente altas en toda a Península, que chegarán ao seu máximo nivel ao longo desta xornada e da seguinte.
A primeiras horas desta tarde, os termómetros marcaban xa 40 graos en Sevilla, 39 en Cidade Real e por riba de 30 en Bilbao.
"Que queres que che diga que non hai que o aguante. Estámonos cargando o planeta e nos responde desta maneira".
"Hai que ir buscando a sombra. Como vaias polo sol pois a verdade é que se nota unha calor húmida tamén".
En Madrid, a calixe impedía ver con nitidez o perfil urbano e nos traballos que requiren máis esforzo físico tómanse medidas para evitar as horas de maior exposición ao sol.
"Cambiamos os horarios no verán para vir antes e saír ao mediodía, evitando as horas fortes de calor pola tarde".
"Moita auga con xeo é o que temos na neveira e é o que hai".
En todas as comunidades, agás Asturias e as Canarias, permanece activada a alerta amarela ou laranxa por altas temperaturas. Nalgunhas zonas de Andalucía os termómetros chegaran aos 43 graos.