Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa de Allariz fai casas de emerxencia para a illa da Palma

Unha empresa de Allariz fai casas de emerxencia para a illa da Palma

Transforma un cento de colectores navais en vivendas

Enviaranse dende o porto de Vilagarcía dentro de 15 días

G24.gal 16/01/2022 19:31

Rematada a erupción do volcán na illa da Palma, toca reconstruír e tentar volver á normalidade. Unha empresa de Allariz colabora nesa reconstrución nun dos apartados máis importantes: o da vivenda.

A comezos de febreiro terá listas cen casas de emerxencia, feitas con colectores navais de entre 45 e 60 metros cadrados. Enviaranse por barco dende o porto de Vilagarcía. Queren que as persoas que perderon o fogar por mor do volcán poidan ter un lugar de residencia coas mellores condicións no menor tempo posible.

A empresa competía con outras 40 do sector pero o Goberno canario apostou pola oferta galega pola funcionalidade e sustentabilidade das súas vivendas transportables. Están encantados de poder axudar a cidadanía insular nestes momentos de tanta dificultade causada pola lava do volcán.

As casas fabricadas en Allariz vanse trasladar desmontadas ata A Palma e instalaranse nunha zona chaira cedida polo Cabido para aloxar as persoas que están sen vivenda. En dúas semanas xa terán onde vivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade