Carolina Iglesias, coñecida como Percebes y Grelos, pregoeira das Festas de María Pita
Festival do Noroeste, Viñetas do Atlántico, Manicómicos e ducias de citas culturais

Carolina Iglesias, tamén coñecida como Percebes y Grelos, foi a pregoeira este ano das Festas de María Pita que arrincaron con ela e o concerto de James Blunt no ciclo musical que se desenvolve na praza dedicada á heroína herculina.
Será o primeiro dunha longa restra de artistas que visitarán a cidade neste ciclo ou no Festival do Nororeste do 10 ao 14 de agosto, como Luis Fonsi, Ilegales, Texas, Baiuca ou Zahara, entre outros, onde tampouco faltan as Tanxugueiras.
Festas para todos con citas culturais para todas as idades e públicos como o Festival de Manicómicos, a recuperada batalla naval, o certame de habaneiras e o Festival Internacional de Folclor, canda as feiras de artesanía e de libros e unha edición máis de Viñetas desde o Atlántico.