Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Vicente será xogador do Alavés desde o mes de xaneiro

Carlos Vicente será xogador do Alavés desde o mes de xaneiro

Os vitorianos pagarán a cláusula do extremo do Rácing de Ferrol (600.000 euros) nos primeiros días do mercado invernal

G24.gal 11/12/2023 16:30 Última actualización 11/12/2023 16:38

Carlos Vicente será xogador do Alavés para partir do próximo mes de xaneiro. Tal e como adiantou As, o club vasco ten a firme intención de depositar a cláusula do extremo do Rácing de Ferrol (600.000 euros) nos primeiros días do mercado invernal.

Os vitorianos e os representantes do xogador pecharon o acordo definitivo o pasado sábado, horas antes de que os galegos caesen derrotados (1-0) contra o Huesca. O atacante asinará por tres tempadas e media, ata 2027.

O Alavés adiantouse ao resto de equipos que pretendían o maño, unha das sensacións da tempada en Segunda. Sergio Fernández, o director deportivo, seguiu moi de preto todas e cada unha das súas actuacións e considera que é a peza necesaria para reforzar o ataque dos vascos, que agora mesmo ocupan a décimo segunda posición da táboa en Primeira (con 16 puntos, sete por encima do descenso).

A actuación de Carlos Vicente en Leganés hai un par de semanas, cando tivo que actuar como dianteiro centro durante moitos minutos, terminou de convencelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos