Vitoria de prestixio do Arenteiro no Toralín (1-3)
Mingo (2) e Bastida autores dos goles galegos
Segundo triunfo consecutivo para os do Carballiño
Triunfo cheo de prestixio e de esperanza do Arenteiro en Ponferrada. Partido serio dos galegos, sólidos atrás, agresivos e con ambición para saír en transición e levar perigo.
Os tres goles do triunfo galego chegaron na segunda parte. En tan só 12 minutos, os comprendidos entre o minuto 57 e o 69. Mingo, como non, por dúas e veces e Bastida marcaron para os galegos. O tanto local conseguiuno Benito nos segundos finais do choque.
Con este triunfo o "polbo mecánico" suma dous triunfos consecutivos e colle aire na pelexa por saír dos postos perigosos da táboa. Con este triunfo o Arenteiro colle moral e pecha de xeito definitivo coas sensacións e o pesimismo que arrastraba tras 11 tiradas sen gañar.