O Lugo empata en Pamplona nun partido equilibrado (0-0)
Aos galegos custoulles encontrar a intensidade e o ritmo do partido
Reniero e Iago López dispuxeron de opcións claras
Os de Iago seguen sen gañar fóra
Custoulle o Lugo coller o ritmo e a intensidade que requería o partido do Tajonar. O primeiro cuarto de hora foi do filial de Osasuna, grazas a súa boa organización e a súa capacidade de roubo na medular. As primeiras ocasións foron para eles, as máis claras para de Dani González e Auría.
Pero pasados eses primeiros 15 minutos, o Lugo comezou a espertar e a equilibrar a contenda. E, aos poucos, foille collendo o tino para acabar por facerse co timón do encontro no treito final deste primeiro tempo. Aí foi cando chegaron as súas ocasións máis claras con Iago López e Unzueta como estiletes das transicións galegas.
No segundo tempo, o partido resultou máis equilibrado e as ocasións foron poucas. Segunda parte de loita e poucos riscos no que a Osasuna se lle anulou un gol por fóra de xogo de Lumbreras e o Lugo tivo un man a man de Reniero.
Empate sen goles final no Tajonar. O Lugo suma un punto e engade outra xornada máis a xeira sen gañar fóra. E xa van nove.