Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing afronta coa máxima ilusión o reto copeiro do Huesca

O Rácing afronta coa máxima ilusión o reto copeiro do Huesca

O partido xógase este martes na Malata ás 19:00 horas e poderá verse pola G2

G24.gal 01/12/2025 12:42

O Rácing aparca o campionato de Primeira Federación e afronta coa máxima ilusión o reto copeiro do Huesca. Un equipo de superior categoría pero ao que intentará eliminar, unha posibilidade que lle permitiría con case total seguridade ter un adversario de Primeira División. O partido contra o equipo aragonés poderá verse en directo na G2 este martes a partir das 19:00 horas. 

O cadro ferrolán tentará compatibilizar do mellor xeito o esforzo da Primeira Federación, obxectivo principal desta temporada, e a Copa do Rei, un caramelo que pode deixar réditos económicos na seguinte eliminatoria. Xogadores como Migue Leal, Gelardo, Escobar, Dacosta, Saúl ou Lucas Díaz, que quedaron no banco de suplentes no partido do sábado poderían ter a súa oportunidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade