Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing asalta Cáceres (0-1) cun golazo de Álvaro Juan

O Rácing asalta Cáceres (0-1) cun golazo de Álvaro Juan

O cadro ferrolán volve gañar tres xornadas despois e colócase no segundo posto

G24.gal 06/12/2025 22:37

O Rácing acadou un importante triunfo no campo do Cacereño, nun partido con poucas ocasións que desatascou o golazo de Álvaro Juan mediada a segunda metade. Unha vitoria tres xornadas despois que lles permite aos departamentais colocárense de segundos.

O Rácing avisou axiña, nun centro de Álvaro Ramón que Álvaro Giménez rematou ás mans de Diego Nieves. O propio Álvaro Giménez volveu probar fortuna, pero volveu topar co porteiro. O partido tiña pouco ritmo, e houbo que paralo á media hora para atender un afeccionado na bancada.

Tras a pausa, o Cacereño tivo a súa única acción clara da primeira metade, cun remate de César Gómez que detivo Parera. E a primeira metade esmoreceu con outro par de remates de Pascu e Álvaro Giménez, este despois da expulsión do porteiro suplente Lucas Dïaz nunha lea na banda.

A continuación comezou cunha acción que rematou na rede local, pero o tanto foi anulado por falta sobre o porteiro Diego Nieves. E, contra a media hora, Pablo López pediu a revisión dun golpe sobre Dacosta, pero o árbitro non pitou penalti. Sacouse de banda e Álvaro Juan conectou unha volea impresionante para desatascar o partido. Os últimos minutos do encontro o Cacereño buscou a igualada, pero non chegou a inquedar a Parera. Dúas revisións de senllas xogadas na área racinguista, saldados polo árbitro sen penalti, botoulle o peche a un partido, que deixa ao Rácing de segundo con 27 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade