Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal alcanza os dez partidos co Celta cunha melloría que se traduce en puntos e boas sensacións

Carvalhal alcanza os dez partidos co Celta cunha melloría que se traduce en puntos e boas sensacións

O Celta suma trece puntos de 30 posibles: tres vitorias, catro empates e tres derrotas

Logrou sete puntos nos últimos catro partidos, contra o Betis, Athletic, Atlético de Madrid e Real Sociedade

Carvalhal utiliza máis xogadores e manexa alternativas tácticas, tamén durante os partidos

G24.gal 20/02/2023 21:29

Pasaron tres meses e medio desde que Carlos Carvalhal chegara a Afouteza. O 3 de novembro tomou a remuda de Coudet, co Celta á beira do descenso.

Desde entón dirixiu dez partidos de liga, nos que sumou 13 puntos de 30 posibles, isto é tres vitorias, catro empates e tres derrotas.

O primeiro que fixo foi cortar a hemorraxia goleadora sen traizoar as súas ideas: "Queremos ser protagonistas, non queremos un equipo defensivo, queremos un equipo ofensivo  e equilibrado. Hai cuestións de organización defensivas nas que temos que esta mellor", dicía cando aterrou, ala polo 3 de novembro.

Carvalhal manexa alternativas tácticas en función do rival, rectifica durante os partidos e espreme o cadro de xogadores: aínda non repetiu dúas aliñacións seguidas. Mingueza, Luca de la Torre e Carles Pérez son agora máis protagonistas.

"O mellor está por vir"

Certo que as sensacións son mellores que os números. A zona baixa segue cerca a pesar de sumar sete puntos nos últimos catro partidos contra rivais importantes: Betis, Athletic, Atlético de Madrid e Real Sociedade.

"Contra o Atlético fixemos un partidazo, co Betis tamén, en Anoeta na mesma liña. Estamos en boa racha. O mellor está por vir", dixo tras o partido do pasado sábado en San Sebastián.

Esta inercia avala a Carvalhal. Agora veñen rivais da zona media-baixa. Falta que mellore a faceta goleadora para lograr o que se propuxo cando chegou: "Entre todos podemos facer de Balaídos un lugar de pracer e de festa", dicía na súa presentación.

A festa volvería a Balaídos este domingo cunha vitoria contra o Valladolid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos