Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Arévalo fai historia ao acadar dous ouros no Mundial de piragüismo

Carlos Arévalo fai historia ao acadar dous ouros no Mundial de piragüismo

O betanceiro acadara o triunfo no K4 500 e hoxe fixo dobrete no K2 200

G24.gal 07/08/2022 16:21 Última actualización 07/08/2022 17:33

O betanceiro Carlos Arévalo engadiu un novo ouro neste Mundial de Canadá. Onte fixérase co primeiro posto no equipo do K4 500 e nesta xornada de domingo impúxose no K1 200. Nunha proba de explosividade Arévalo fixo unha gran saída e investiu un tempo de 36.43 segundos. A 2 décimas chegou Petter Mennng e a tres o húngaro Kolos Csizmadia. 

Arévalo completa un Mundial no Canadá para a historia. Agardábase unha medalla no K4 500 polo poderío do equipo a carón de Craviotto, Cooper e Germade, pero só no mellor dos presaxios estaba gañar na dobre modalidade. 

Arévalo formouse no seu club, na Ría de Betanzos, ata que decidiu prepararse para o gran salto. Tentou, sen éxito, clasificarse para os Xogos do Brasil. Malia non acadalo insistiu e na madurez deportiva xa pode presumir de ter unha prata olímpica, no Xapón, e dous ouros mundiais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos