Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Pérez: "Para min, o troco de adestrador foi a mellor"

Carles Pérez: "Para min, o troco de adestrador foi a mellor"

Ao contrataque analizou co mediocampista celeste a súa primeira temporada no equipo

G24.gal 13/05/2023 09:37

Dende a cidade deportiva Afouteza, un dos mellores xogadores do Celta neste ano 2023 atendeu á Radio Galega para conversar de maneira pausada e sosegada sobre o pasado, o presente e o futuro do conxunto olívico, a poucas xornadas para o remate da temporada. O extremo catalán Carles Pérez repasou a actualidade celeste xunto a Pedro Pablo Alonso e Víctor López.

"Con Coudet non me encontraba igual de cómodo que agora. Para min o cambio de adestrador foi a mellor. Estou moi contento con Carvalhal. Xa o dixen varias veces, quero seguir no Celta un ano máis. Sinto isto como se fose a miña casa".

Tamén tivo tempo para repasar as súas orixes na Cidade Condal.

"Non me arrepinto das decisións da miña carreira, pero si penso que tiña que esperar máis para saír do Barcelona. Messi é inhumano. Penso que vai volver a Barcelona, é a súa casa".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos