Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caravana na AP-9 para esixir melloras no servizo de autobús entre A Coruña e Ferrol

Caravana na AP-9 para esixir melloras no servizo de autobús entre A Coruña e Ferrol

Piden máis frecuencias na liña para dar resposta ao incremento de usuarios

G24.gal 24/09/2022 14:21 Última actualización 24/09/2022 14:39

Co inicio do mes de setembro multiplicáronse as queixas polo servizo do autobús metropolitano entre Ferrol e A Coruña, utilizado principalmente por persoas que se desprazan ao posto de traballo e por estudantes.

Para visibilizar o seu descontento, tentaron colapsar a autoestrada AP-9 sumándose á caravana da Plataforma Transporte Digno. Piden a amplitude de horarios e máis autobuses que dean resposta ao incremento de usuarios.

Os convocantes decidiron manter a protesta malia que o Goberno galego anunciou melloras que entrarán en vigor este mesmo luns. O convoi saíu desde Ferrol e circulou ata a saída de Cambre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade