Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cando van baixar os xuros?, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Cando van baixar os xuros?, por Venancio Salcines

G24.gal 11/03/2024 08:33

O Banco Central Europeo xa asume que este ano veremos unha baixada dos xuros. Polo tanto, o debate xa non é se baixará ou non, senón cando. Algunhas voces recórdanlles ás autoridades monetarias que o crecemento de Europa Central, esencialmente o alemán, é feble; unha baixada axudaría a consolidar o seu crecemento. Pero o Banco Central ten pánico a dar unha baixada en falso.

A política monetaria bebe da credibilidade, pasos en falso xerarían unha quebra nesa credibilidade. Existen tensións salariais, incrementos importantes, superiores á taxa da inflación, que poden xerar, vía incrementos do consumo, tensións inflacionistas. Quérese comprobar que estas subas non están provocando unha nova rolda inflacionista e iso require tempo. Canto? O que se observa parece que é satisfactorio, pero non dá para tomar esas decisións neste intre.

A inflación subxacente, a que deixa fora a enerxía e os produtos da horta, parece a clave. En todas as ocasións en que se baixaron tipos a subxacente estaba por debaixo do 2,2 %; agora está lixeiramente por enriba do 3 %. Pode que no verán teña acadado o nivel buscado. pero pode que non; polo tanto, é apresurado falar de baixadas de xuros para xuño, pero tampouco é desatinado.

O que si está consolidado é que os xuros van a baixar si ou si, e isto queda reflectido na evolución do Euribor, con baixadas lentas, pero constantes dende o mes de outubro. Polo tanto, se alguén quere financiarse, tanto para a compra dunha vivenda ou un investimento, pode ter claro que os xuros a curto e medio prazo se irán moderando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade