Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cambia o tempo en Galicia: chega o aire frio con precipitacións débiles

Cambia o tempo en Galicia: chega o aire frio con precipitacións débiles

Tempo húmido ata o xoves

O martes agárdase unha xornada de precipitacións xeneralizadas

G24.gal 14/08/2022 11:54

Algo que case nos pode soar a raro ou estraño este verán. Nos máis secos sempre chovía algo en Galicia e semellaba que este 2022 ía ser unha excepción, pero durante os próximos días as previsións indican que regresa a xa tan ansiada chuvia.

Iso si, tampouco vai ser abonda para compensar o déficit hídrico que padece o país. Para que a situación mudase por completo precisariamos un tren de borrascas que os modelos polo momento non prevén, para regar a comunidade coas súas frontes.

O tempo muda e vai ser húmido e máis frío esta semana que comeza, pero o empeoramento será puntual. O cambio de tendencia vai durar pouco. O anticiclón dos Azores, que se desprazou de xeito lixeiro cara ao oeste, volverá reforzar a partir do xoves. E a fin de semana próxima podería ser mesmo máis seca e cálida ca na que andamos.

A longo prazo tampouco se albiscan cambios importantes. Para este domingo meteoGalicia anuncia a chegada dunha masa de aire húmido procedente do Atlántico. O ceo estará cuberto na metade oeste e con posibilidade de chuvias febles na franxa atlántica, mentres que no leste os ceos estarán máis despexados.

O descenso vai ser xeneralizado nas temperaturas. As máximas en Galicia estarán por baixo dos 27 graos, que se poderían alcanzar en Ourense. Será a xornada máis fresca en moito tempo, sobre todo en Ourense e Lugo.

Galicia queda o luns baixo a influencia das baixas presións cunha fronte durante a madrugada e as chuvias que entran polo oeste da Coruña pola noite estenderanse ao resto da comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade