Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calviño di que España é un dos países da zona euro que destina máis recursos a conter os prezos

Calviño di que España é un dos países da zona euro que destina máis recursos a conter os prezos

A vicepresidenta primeira calcula que o segundo paquete de medidas vai supor unha rebaixa de tres puntos e medio do IPC

G24.gal 06/07/2022 14:48

Nadia Calviño explicou que a rebaixa das exportacións de gas e petróleo de Rusia é a causa da alza dos prezos nas principais economías europeas. Nunha intervención ante a interparlamentaria socialista, a ministra de Economía calculou que o segundo paquete de medidas do Goberno vai supor unha rebaixa de tres puntos e medio do IPC.

Calviño amosouse convencida de que España vai manter a senda de crecemento. 

"Nun contexto internacional moi complexo, que leva en todos os países da nosa contorna a revisións á baixa do crecemento, España mantense nunha senda de crecemento forte. Todos os organismos prevén que sigamos medrando con forza en 2022 e manteñamos unha senda de crecemento en 2023", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade