Cargando resultados...
Calviño fixa catro puntos que ten que pechar o Goberno para avanzar na reforma laboral
G24.gal
30/10/2021 20:48
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reunirase este vindeiro martes coas vicepresidentas Nadia Calviño e Yolanda Díaz para pactar o contido e o alcance da reforma laboral que a ministra de Traballo quere aprobar antes de que remate o ano. Esta mañá, a ministra de Economía recoñecía discrepancias con Díaz nos catro capítulos claves da reforma.
Economía quere ter o texto para novembro. Recoñece que a negociación colectiva é a parte máis complexa, pero a vicepresidenta primeira propón revisar practicamente todo o texto. Confía nun acordo interno e no máximo consenso cos axentes sociais.