Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calavera: "Hai que competir por respecto ao club, á afección e a nós"

Calavera: "Hai que competir por respecto ao club, á afección e a nós"

Co descenso, o seu contrato co Lugo vence e non decidiu que fará a próxima tempada

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 27/04/2023 12:01 Última actualización 27/04/2023 12:08

Jordi Calavera, lateral dereito do Lugo, afirmou que, unha vez que o equipo descendeu a Primeira Federación, nas últimas cinco xornadas loitarán polo "respecto á afección" e a si mesmos.

"Ves que non tes opción a nada e é complicado. Loitabamos por un milagre e ao estar sentenciados é un momento duro, afrontámolo con moita pena, pero hai que seguir adiante", dixo en conferencia de prensa.

O defensa dixo que "todo o mundo está doído" polo descenso, o primeiro que vive como futbolista:

"Entendemos no vestiario o enfado e decepción da afección, non se merece o que ocorreu. Eu regresei ao Lugo (esta tempada) para seguir alongando a etapa en Segunda e estamos tristes por non lograr o obxectivo", confesou.

Co descenso, o seu contrato co Lugo vence e non decidiu que fará a próxima tempada: 

"Tiña contrato se o equipo se mantiña. Ao baixar, o meu contrato expira. Non é momento de pensar no ano que vén, senón en tentar que a xente senta orgullosa do tramo final. Imos loitar por respecto á afección e a nós mesmos", indicou.

Unha vez consumado o descenso, o seguinte partido será o vindeiro luns ante o Sporting de Xixón, un dos seus exequipos, no Molinón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar