Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae unha banda que roubou zapatillas e aceite por valor de máis de 600.000 euros

Cae unha banda que roubou zapatillas e aceite por valor de máis de 600.000 euros

Catro dos detidos ingresaron xa en prisión

G24.gal 06/05/2024 14:27

A Policía Nacional desmantelou unha banda á que lle atribúen varios roubos con forza en naves industriais e establecementos de Madrid, Valencia e Segovia.

Durante a redada foron detidos os 8 membros da banda que usaba coches roubados aos que lles cambiaban a matrícula para cometer os asaltos.

Nun deles conseguiron roubar zapatillas por valor de 600.000 euros e noutro garrafas de aceite valoradas en 23.000 euros.

Nos rexistros efectuados, os axentes interviñeron seis armas coa súa munición, unha máquina troqueladora e inhibidores de frecuencia. Catro dos detidos ingresaron xa en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar