Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae o consumo de peixe e marisco a pesar da baixada de prezo

Cae o consumo de peixe e marisco a pesar da baixada de prezo

En febreiro é posible atopar mariscos e peixes moi por debaixo do seu prezo normal

Os mariscos baixaron de media arredor dos 20 euros por quilo
G24.gal 20/02/2024 15:06

 "Algo baixaron, eh", di unha clienta.

"Pois mira, temos a cigala a 45 euros, e esta cigala hai mes e medio estaba sobre os 80 euros", apunta un praceiro.

Os mariscos e os peixes de categoría salvaxe están no seu mellor momento. Pasado o Nadal, o seu consumo cae, e con el tamén os prezos.

"Claro bastante, moitísimo, baixaron ben, pero deberían baixar algo máis", comenta outra clienta

 "A robaliza estaba a 45 euro quilo no Nadal e agora está a 24, 25 por exemplo. O linguado tamén, igual baixou 10, 15 euros o quilo".

 "Con prezos normais estás aforrando uns 20 euros en quilo", informan os peixeiros

Normalmente xa no mes de xaneiro se empeza a notar esa baixada, pero cos temporais deste ano, había pouca oferta e notouse nos prezos. En febreiro as tornas cambiaron. O bo tempo que tivemos ata agora propiciou que houbese peixe nos mercados. Hai oferta, pero cae a demanda, por iso tamén os prezos baixaron. Os clientes prefiren comer outras cousas.

 "Agora en febreiro veñen tamén os cocidos e tal pois ao final a semana pasada tamén pasou que os prezos mantivéronse bastante ben pero baixar, baixan".

 "As vendas baixaron, pero imos picando algo".

 "Febreiro é un mes de lacoadas, de cocidos, de todas estas cousas, entón non nos colle de sorpresa. É un mes que todos os anos é un pouco máis frouxiño, pero sen máis", continúan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade