Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cada vez son máis os que prefiren peregrinar en temporada baixa

Cada vez son máis os que prefiren peregrinar en temporada baixa

En novembro selaron máis de 11.000 compostelas na Oficina do Peregrino

Contan con que durante as pontes de decembro se rexistren cada día sobre 200 compostelas 

G24.gal 05/12/2022 15:35

A estas alturas de ano, segundo o rexistro da Oficina do Peregrino, fixeron o Camiño de Santiago máis de 430.000 persoas. Aínda que as cifras son de récord en todas as rutas, chama a atención o espectacular crecemento do Camiño Portugués.

No mesón O camiño da eira, parada habitual de peregrinos na etapa de Pontevedra a Caldas, notárono ben, porque nos meses de maio a outubro tiveron que servir ata 150 menús cada día a peregrinos.

Pero o sorprendente din, é que, aínda que as cifras cambian moito con respecto ás da temporada alta, o tirón do Camiño non para coa chegada do frío. Agora atenden ata 30 diarios nas xornadas más concorridas, coma estas das pontes de decembro.

Cada vez son máis os que prefiren peregrinar nestes meses máis fríos, por evitar a calor ou as aglomeracións de camiñantes. 

Desde mediados de novembro, a media de compostelas rexistradas na oficina do peregrino é de arredor dun cento e contan que nesta semana das pontes se dupliquen. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar