Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada galego consome menos de 100 gramos de cabrito ao ano

Cada galego consome menos de 100 gramos de cabrito ao ano

Os gandeiros queren reverter esta situación destacando a salubridade da carne

A comercialización é o meirande problema do sector e buscan profesionalizala

G24.gal 12/11/2024 20:05 Última actualización 12/11/2024 20:35

Unha alimentación a base do que produce o monte e sempre ao aire libre. Así viven as nais dos cabritos galegos. Uns cabritos que saen á venda alimentados só con leite, o que os converte nunha das carnes máis saudables que se pode atopar no mercado e moito máis sa e saborosa que as das granxas intensivas doutras especies.

"A xente non ten tempo de preparar o cabrito no forno. Ese debe de ser un motivo, porque non se entende o baixo consumo sendo a carne tan sa", explica Antonio Tucci, da gandería Val do Conso.

Pero o certo é que cada vez se consome menos cabrito. Cada galego come menos de 100 gramos de media ao ano e moi rara vez se degusta fóra de vodas, festas ou Nadal e Aninovo. Ademais, os gandeiros ven como soben os custos e baixan os prezos en orixe.

"E tampouco o prezo en orixe subiu. En cambio os custos disparáronse nos últimos tres anos, o que aínda afecta máis", son datos de Amaia Santamarta, técnico de OVICA

En Galicia sacrifícanse nos matadoiros uns 3.000 cabritos cada ano, pero a maior parte das vendas fanse entre particulares ou á restauración. Estímase que a produción é dunhas 21 toneladas anuais. Outro problema é que a media de cabras por explotación é de oito exemplares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos