Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo queda a un segundo de gañar a Bandeira de Ondárroa

Cabo queda a un segundo de gañar a Bandeira de Ondárroa

O vento e a marea mudaron as condicións do campo de regatas e o equipo local acabou levando o triunfo contra todo prognóstico

Ares segue afastándose da permanencia malia asinar o sexto posto

G24.gal 13/08/2022 20:38

Na Liga ACT de traiñeiras triunfo sorprendente para Ondárroa na regata da súa casa. O equipo vasco gañou a primeira quenda, cun segundo de vantaxe sobre Cabo da Cruz. Logo, o vento comezou a ir a máis e prexudicou as traiñas da segunda e da terceira quendas.

Ningunha conseguiu rebaixar o tempo de Ondárroa que se fixo coa segunda bandeira da súa historia. Cabo quedou ás portas de facerse cun triunfo histórico. Ares foi a sexta pero segue lonxe da salvación. O domingo a ACT para en Castro Urdiales.

Na Liga Galega non houbo sorpresas. Os máis fortes xogáronse o triunfo no último longo. Bueu mantivo catro segundos de vantaxe con Samertolameu e adxudicouse un novo triunfo que os achegan ao título. Tirán foi a terceira a só seis segundos. O domingo, ás 12:00, veremos en directo en G24 unha proba da liga que pode seguir achegando a Bueu ao título.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos