Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabalos, artesanía e actuacións no regreso da feira do san Martiño de Calo

Cabalos, artesanía e actuacións no regreso da feira do san Martiño de Calo

Despois dun ano en branco por culpa da pandemia, hoxe recupérase a feira centenaria da carballeira de Francos

G24.gal 11/11/2021 14:27

A última feira de outono na carballeira de Francos, en Calo, foi en 2019. Tras a paréntese da pandemia, parece que había ganas de celebrar o San Martiño. 

"A xente está moi animada ultimamente e xa vai saíndo das casas. Os mercados son a cultura que temos aquí en Galicia, poden ver os produtos de aquí", di un vendedor.

Na súa orixe era sobre todo un mercado de gando. A tradicional feira cabalar mantense e, aínda que vai perdendo forza, esta mañá había un cento de cabalos e burros á venda.

"Esta feira era tremenda de boa, e este ano hai moi pouco gando, porque tampouco hai polas aldeas. Non hai quen críe, falta a xente vella. Eu son carniceiro, este animal tíñao nunha finca, se se vende véndese e se non haberá que levalo de volta", di Juan Barreiro, de Pontevedra.

Esta feira de outono é a que pervive das tres que chegaron a celebrarse aquí. Está documentada desde o século XVI.

"Pode que sexa aínda máis antiga, por iso a pretensión da área de Turismo é que esta feira finalmente consiga a Declaración de Interese Turístico", sinala Liduvina Campoamor, técnica de Turismo do Concello de Teo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade