Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caamaño: "Doar sangue é sinxelo e salva vidas"

Caamaño: "Doar sangue é sinxelo e salva vidas"

O conselleiro de Sanidade visitou a unidade móbil da campaña de doazón do campus de Elviña, acompañado polo reitor da Universidade da Coruña

O ano pasado, 4.000 estudantes e docentes doaron sangue nos distintos campus da UDC

G24.gal 25/02/2025 13:41

Nova chamada á doazón de sangue entre a poboación universitaria. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño visitou esta mañá a unidade móbil da campaña de doazón situada no campus de Elviña, acompañado polo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao.

Os dous coincidiron en salientar que doar é algo tan simple como necesario. O ano pasado, 4.000 estudantes e docentes doaron sangue nos distintos campus da universidade coruñesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade