Publicador de contidos

Publicador de contidos

Búscanse voluntarios para ir a terapia

Búscanse voluntarios para ir a terapia

Tristeza persistente, apatía, fatiga ou insomnio son síntomas de alarma dunha posible depresión

A Facultade de Psicoloxía da USC acaba de poñer en marcha o programa HOPE e busca trescentas persoas de máis de 50 anos para ofrecerlles apoio psicolóxico

G24.gal 14/05/2025 14:38

Segundo as estatísticas, os estados emocionais negativos son máis frecuentes e persistentes despois de facer os 50 anos, unha idade onde se acumulan perdas. Onde se xunta o coidado dos pais cos fillos voando do niño e os problemas de traballo ou saúde coas expectativas vitais incumpridas.

"E outras dificultades que temos nestas etapas e que moitas veces vimos arrastrando desde as primeiras etapas da vida", subliñou Fernando Vázquez, catedrático de Psicoloxía Clínica da USC e coordinador do Grupo de Investigación en Saúde Mental e do programa HOPE.

Aí pode estar tamén a explicación de que os homes que superan o medio século son grupo de idade aos que máis lles custa comunicar o malestar emocionalEntre os homes, hai máis suicidios nesa franxa, e entre as mulleres, máis consumo de ansiolíticos.

A USC apela agora a todos, e ofrécelles sete sesións de terapia gratuíta, confidencial, breve e persoal, coas técnicas máis modernas.

"Vánselle dando unha serie de ferramentas, non só para recuperar a ilusión de vivir, para volver á normalidade e para volver a tomar o control da súa vida. A ninguén de nós nos ensinaron a ser felices, pero sabemos que cons brazos cruzados, o benestar non vén a nós", di o profesor Vázquez.

O programa HOPE buscan 300 voluntarios, maiores de 50 e que estean atravesando un momento difícil. Poden apuntarse en proxecto.hope@usc.es ou no teléfono 640 038 5932.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade