Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un veciño de Carballedo, de 79 anos, desaparecido o luns

Buscan un veciño de Carballedo, de 79 anos, desaparecido o luns

José Luis González foi levar unhas ovellas a un prado, preto da súa casa na Raña, e xa non regresou

O desaparecido padece demencia e a última vez que o viron foi camiñando por unha estrada preto da aldea de Nande

G24.gal 27/09/2022 14:03

Efectivos da unidade canina xunto co helicóptero da Garda Civil sumáronse este martes os labores de busca para intentar localizar a José Luis González López.

Este veciño de Carballedo, de 79 anos, padece demencia. Este luns pola mañá foi levar unhas ovellas a un prado, ao carón do seu domicilio. Ao ver que non regresaba a súa muller foino buscar pero xa non o atopou.

A última vez que o viron foi camiñando pola estrada preto da aldea de Nande, lindeira coa da Raña, onde reside. Vai vestido de marrón e leva unha boina negra.

A familia solicita a colaboración cidadá por se alguén o viu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar