Cargando resultados...
Buscan un pescador desaparecido este mediodía en Ferrol
O seu coche e unha mochila estaban no Cabo Prioriño

G24.gal
20/07/2022 21:44
Última actualización 20/07/2022 21:49
Desde as catro da tarde, un operativo de rescate busca un pescador que desapareceu nas inmediacións do Cabo Prioriño, preto do novo porto exterior de Ferrol, onde localizaron o seu vehículo e a súa mochila.
Un familiar deu a alerta cando o home non regresou á casa á media mañá, como fai decote.
Bombeiros, policía, garda civil, protección civil e dous helicópteros de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia participan na busca.