Rescatan o cadáver do veciño de Bueu que foi apañar percebes ao cabo Udra
O corpo estaba atrapado entre as rochas nunha zona de acceso difícil
Salvamento Marítimo mobilizou o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia e o Helimer, e sumou unha embarcación da Garda Civil, sen resultados polo momento
Os servizos de emerxencias localizaron e rescataron o corpo do pescador desaparecido o venres nas proximidades do cabo Udra en Bueu. É Juan Carlos Álvarez Rodríguez, alcumado o Bahía, un home de cincuenta anos moi coñecido na vila de Bueu que andaba aos percebes.
O cadáver estaba encaixado nunha fenda entre dúas grandes rochas. Foi difícil de extraer e tamén foi complexo o seu traslado. Xa que o acceso presentaba obstáculos tanto por terra como por mar.
Tras a alerta pola desaparición, o operativo para dar con el mobilizou medios por mar e por terra que inspeccionan a contorna, onde foi visto por última vez, sen resultados.
Foi a súa parella a que avisou o venres pola noite da desaparición. Na busca colaboraron medios locais, autonómicos e estatais. Axentes da Policía Local e da Garda Civil por terra, o helicóptero Pesca 1 desde o aire e no mar barcos de Salvamento Marítimo e da Garda Civil e mergulladores.