Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home que caeu ao mar na contorna da Torre de Hércules

Buscan un home que caeu ao mar na contorna da Torre de Hércules

O desaparecido foi arrastrado por unha onda mentres sacaba unha foto

G24.gal 23/03/2025 18:51 Última actualización 23/03/2025 21:32

Os servizos de emerxencia buscan un home que caeu este domingo ao mar na contorna da Torre de Hércules, na Coruña. Segundo a Axencia Galega de Emerxencias, ocorreu pasadas as 13:00 horas.

Un particular chamou o 112 para alertar da caída dun home á auga, tras ser arrastrado por unha onda mentres sacaba unha foto.

No operativo de busca participan Salvamento Marítimo, Gardacostas, Protección Civil, Policía Nacional, Policía Local, os Bombeiros da Coruña e o seu grupo acuático.

Ata o de agora localizaron as pezas que levaba o desaparecido, pero debido ao mal estado do mar, non conseguiron sacalas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade