Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o autor dun acoitelamento na zona histórica de Ourense

Buscan o autor dun acoitelamento na zona histórica de Ourense

A vítima, un mozo de 21 anos, tivo que ser operado de urxencia no CHUO

G24.gal 05/04/2022 14:06

As forzas de seguridade buscan o presunto autor dun acoitelamento a pasada fin de semana na zona histórica de Ourense. Varios transeúntes chamaron de madrugada a policía o ver a un home ferido de gravidade e sangrando na praza do Ferro. Ten 21 anos e tivo que ser operado de urxencia no CHUO.

Os veciños da zona levan anos reclamando medidas que axuden a atallar este tipo de situacións, sobre todo liortas, ruídos e pintadas. O Concello asegura que vai reforzar a seguridade durante as noites entre os xoves e os sábados, e tamén a vixilancia e os controis preventivos na vía pública. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade