Cargando resultados...
Buscan os asaltantes dunha xoiería na Coruña
Levaron pezas expostas nas vitrinas por valor de 10.000 euros

G24.gal
30/12/2021 13:10
Buscan na Coruña os asaltantes dunha xoiería en pleno centro da cidade. Sobre as sete da tarde e coa Rúa Real chea de xente, dous homes e unha muller entraron neste establecemento e, despois de ameazar a dependenta, conseguiron levar parte das xoias que estaban expostas nas vitrinas. Os responsables da tenda calculan que a mercadoría roubada ronda os dez mil euros.
Algún deles levaba a rostro cuberto cunha gorra. Fuxiron a pé pola rúa e a policía xa ten aberta unha investigación.