Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un home que lle seccionou unha orella a outro, en Fene, tras proferir ameazas cunha fouce

Buscan un home que lle seccionou unha orella a outro, en Fene, tras proferir ameazas cunha fouce

O individuo percorreu varias zonas da parroquia brandindo a fouce, en actitude violenta e lanzando ameazas contra veciños e automobilistas que circulaban polo lugar

O home ferido foi trasladado de urxencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde foi intervido cirurxicamente

G24.gal 03/06/2026 10:44

A Garda Civil activou un operativo de procura para localizar a un mozo que, sen mediar palabra, lle seccionou unha orella a un veciño da Capela na tarde do pasado luns. O brutal suceso tivo lugar na parroquia de Sillobre, en Fene onde o presunto agresor, que se atopa ocupando ilegalmente unha vivenda da zona, estivera previamente ameazando a viandantes e condutores cunha fouce.

Segundo testemuños recollidos polos axentes, o individuo percorreu varias zonas da parroquia brandindo a fouce, en actitude violenta e lanzando ameazas contra veciños e automobilistas que circulaban polo lugar. Así, nese estado de alteración, causou danos en, polo menos, un vehículo antes de atacar a súa vítima co obxecto cortante, seccionándolle parcialmente unha orella.

Inmediatamente despois da agresión, o mozo fuxiu do lugar sen que ata o momento fose localizado. A Garda Civil mantén un dispositivo de procura en marcha e unha investigación para esclarecer os feitos. Pola súa banda, o home ferido foi trasladado de urxencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde foi intervido cirurxicamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade