Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas permitirá o 0 % do IVE ao peixe e ao marisco

Bruxelas permitirá o 0 % do IVE ao peixe e ao marisco

A norma aprobarase en primavera, pero a aplicación queda en mans dos países

Antón Montero 12/01/2022 20:29

En primavera a UE reformará o seu sistema común do IVE. E para entón a Comisión Europea confía en que cada estado membro aplique un tipo do 0 % de IVE aos bens e servizos de primeira necesidade. Os produtos do mar entrarían nesta categoría.

Así llo confirma o comisario de Economía, Paolo Gentiloni, nunha carta ao eurodeputado galego do PP, Francisco Millán Mon.

Na misiva, Gentiloni, amosa a súa vontade de que os produtos do mar sexan considerados como de primeira necesidade.

Polo tanto, o peixe e o marisco poderían gozar dun IVE do 0 %, pero Bruxelas recoñece que dependerá de cada Goberno

En España, os produtos do mar sofren un gravame do 10 %. Unha gran diferenza con socios como Irlanda ou Malta, onde desfrutan dun tipo do 0 %, un prexuízo para frotas pesqueiras como a galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade