Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas cede e proporá limitar o prezo do gas malia a oposición de Alemaña

Bruxelas cede e proporá limitar o prezo do gas malia a oposición de Alemaña

"Este tope sería un primeiro paso no camiño cara a unha reforma estrutural do mercado da electricidade", dixo Von der Leyen ante o Parlamento Europeo en Estrasburgo

Varios países, con Italia, Francia, España e Bélxica á cabeza, redobraron o venres a presión para intervir o mercado do gas

G24.gal 05/10/2022 10:39 Última actualización 05/10/2022 10:59

A presidenta da Comisión Europea (CE), Ursula von der Leyen, anunciou este mércores que Bruxelas está "preparada para debater" sobre un tope ao prezo do gas que se usa para xerar electricidade, con vistas a reducir os efectos da escalada de prezos en toda Europa.

"Temos que limitar este impacto inflacionario do gas en toda Europa. Por iso, estamos preparados para debater un tope ao prezo do gas que se usa para xerar electricidade. Este tope sería un primeiro paso no camiño cara a unha reforma estrutural do mercado da electricidade", dixo Von der Leyen ante o Parlamento Europeo en Estrasburgo.

O anuncio de Von der Leyen chega despois de que unha maioría de países da Unión Europea, con Italia, Francia, España e Bélxica á cabeza, redobrasen o pasado venres a presión sobre a Comisión Europea para intervir o mercado do gas a pesar da oposición de Alemaña.

A presidenta da Comisión Europea subliñou que este límite ao prezo do gas "debe deseñarse correctamente para asegurar a seguridade da subministración" e que se trata dunha medida temporal para responder o feito de que o índice TTF Dutch de Ámsterdam de referencia en Europa xa non representa correctamente o mercado europeo, con máis presenza de gas natural licuado (GLN).

Von der Leyen lembrou que Bruxelas xa ofrecera esta opción en marzo para "mandar o sinal de que a UE non pagará calquera prezo polo gas", e apuntou a que xa entón avaliouse que tería "un impacto inmediato nos niveis de prezos" e, en paralelo, "desvantaxes" en termos de seguridade da subministración.

"A situación evolucionou de maneira crítica. Hoxe, en comparación con marzo, máis Estados membros están abertos a isto e estamos mellor preparados", asegurou a alemá, que avanzou que tamén se traballará xunto aos Estados membros para reducir a volatilidade e o impacto da manipulación rusa de prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade