O Breogán ofrece a súa peor versión da temporada no Pazo (71-87)
O Breogán ofrece a súa peor versión da temporada no Pazo (71-87)
O Zaragoza estivo moito mellor e dominou o partido por completo
Mala porcentaxe no tiro exterior dos lucenses (25 %)
O Breogán non puido ofrecerlles un triunfo aos seus afeccionados e estivo moi desacertado no partido diante do Zaragoza (71-87).
O partido comezou igualado (13-14) pero a aparición de Stefan Jovic (16 puntos en dez minutos) no partido comezou a desnivelar a balanza a prol do Zaragoza. Cun parcial de 0-8 os visitantes colleron unha boa vantaxe que lles permitiu rematar o primeiro cuarto cun 20-28.
Levado polo pivote Happ o Breogán meteuse no partido no segundo cuarto (31-37), pero o Zaragoza mantivo o tipo e chegou ao descanso cunha diferenza de dez puntos (39-49).
O terceiro cuarto marcou a diferenza. Foi Simunic o que colleu a remuda anotadora (10 puntos sen erro no tiro) no cadro visitante. O Zaragoza foise de dezaoito puntos (51-69) e só a reacción final do Breogán permitiulle ter unha mínima esperanza para o último cuarto (60-73).
O parcial de 0-5 de saída acabou por matar o partido a prol dos visitantes (60-78). Quedaba agarrarse á fazaña e ao acerto nas triplas, pero os de Mrsic estiveron máis desacertados que de costume (25 % de acerto cun 6/25).