Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro mediranse o 8 de xaneiro e o 15 de marzo

Breogán e Obradoiro mediranse o 8 de xaneiro e o 15 de marzo

Sorteado o calendario dunha Liga ACB que principiará a última fin de semana do mes de setembro

G24.gal 09/08/2022 15:31

A Liga ACB de baloncesto sorteou o calendario para esta temporada. A liga comeza o 25 de setembro e o Monbus Obradoiro vaise estrear co Zaragoza no Sar. Río Breogán comeza o campionato en Murcia.

Os duelos de rivalidade chegarán no mes de xaneiro. O dia 8 no Pazo dos Deportes de Lugo xornada 15 e en marzo, día 25, na xornada 24 a rivalidade galega de ACB no Sar. En decembro, ambos equipos recibirán a visita do Barcelona. Primeiro o Barcelona co Monbus Obradoiro no Sar e a semana seguinte en Lugo co Río Breogán.

 

Na segunda volta recibirán a visita do vixente campión de liga. En marzo, o Real Madrid pasará polo Sar e en abril Dzanan Musa virá co Real Madrid a Lugo. Serán os momentos máis importantes da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade