Breogán e Obradoiro, en busca dunha vitoria para gañar aire
Os santiagueses superan os seus rivais nunha vitoria
O sábado, encontro vital pola permanencia
Chegou o derbi galego. Na máxima categoría do baloncesto español. Nunha situación difícil para ambos. Río Breogán e Monbus Obradoiro buscan unha vitoria para seguir na loita pola permanencia. Os santiagueses avantaxan nunha vitoria aos lucenses e o sábado enfróntanse no Pazo do Deportes de Lugo.
Os locais veñen de conseguir unha épica vitoria ante o Bonn. 97-92 tras prórroga para continuar a súa andaina por Europa. Con moitas baixas saíron adiante, pero seguen acusándoas para o crucial partido contra o Obradoiro. A isto súmaselle o cansazo, pero Mrsic di que isto non é escusa:
"Cando é un derbi, xogando na casa... non podes ter cansazo".
O capitán do Breo, Sergi Quintela, tamén falou sobre o partido fronte o Obradoiro. Espera un Pazo que aperte e alente o equipo. Deixa un lado o estado de forma:
"Son partidos de moita emoción, moita adrenalina no que igual os sistemas importan un pouco menos".
Os visitantes chegan por riba na táboa. Unha vitoria separa a ambos conxuntos. Despois de dúas derrotas, os de Moncho Fernández queren volver a senda da vitoria. Álvaro Múñoz comentou a sensación do vestiario antes deste encontro:
"Ir a Lugo é unha motivación moi grande. É un partido importante pola situación da táboa de clasificación".
Os derbis non son partidos calquera. Iso sábeo o adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, e nótao no ambiente:
"Estamos preparándoo coa normalidade de calquera outra semana, pero é certo que é unha semana especial".