Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brais, o vendedor da ONCE máis popular de Boiro, repartiu case un millón de euros en sete meses

Brais, o vendedor da ONCE máis popular de Boiro, repartiu case un millón de euros en sete meses

O último premio que vendeu foi o venres: 12 cupóns premiados con 40.000 euros cada un

Brais non dá feito a vender cupóns estes días, despois de repartir 480.000 euros o venres
G24.gal 16/11/2022 13:59

É probablemente o persoeiro máis popular de Boiro estes días, e o máis buscado tamén. É Brais Martínez, un vendedor da ONCE, que leva apenas sete meses no oficio e xa repartiu case un millón de euros en premios. O último o venres, 12 cupóns premiados con 40.000 euros cada un.

Así reciben a Brais cada día en Boiro. En apenas 7 meses fíxose moi popular, por repartir premios e polo seu carácter afable.

É electricista pero por problemas de saúde tivo que abandonar o oficio e atopou na ONCE unha saída profesional que ademais lle está reportando moitas alegrías. Xa repartiu case un millón de euros en premios.

Brais fai bromas con que ten un pacto co demo. Será co demo ou coa deusa fortuna, pero o venres pasado repartiu 480.000 euros en 12 cupóns. E faino sentir afortunado tamén.

E a ilusión espállase tamén entre os seus clientes, aínda que non fosen dos agraciados. Din que lles dá azos para seguir probando sorte.

Pois Brais non se conforma. Ademais de aspirar a conseguir unha praza fixa na ONCE, soña con que a boa sorte continúe e que o próximo premio chegue no Nadal e sexa dos grandes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade