Cargando resultados...
Brais Méndez xa viste de Txuri Urdin
O xogador da canteira do Celta asina ata 2028 coa Real Sociedade, que paga uns 15 millóns de euros
G24.gal
06/07/2022 21:25
Brais Méndez asinou pola Real Sociedade ata o ano 2028. A Real fixo un vídeo de presentación no que un peregrino percorre o camiño inverso de Galicia a Euskadi calzado con botas de tacos. O traspaso deixa na rúa do Príncipe entre catorce e quince millóns de euros e podería deixar de rebote un porteiro en Vigo. Veremos que pasa con Matthew Ryan.